M
Membro excluído 274
A MeteoGalicia prevê aguaceiros generalizados para esta noite, cota 400m:
Hoxe Galicia continuará na zona intermedia entre o anticiclón do Atlántico e a borrasca do Mediterráneo, predominando lixeiramente a influencia anticiclónica. Así, os ceos presentarán alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis frecuentes canto máis ó norte e leste da Comunidade, ocasionalmente acompañados de aparato eléctrico e sarabia. A cota de neve situarase arredor dos 600 metros pero durante a noite, cando haberá chuvascos xeneralizados, irá baixando ata os 400 metros. As temperaturas non terán cambios significativos, manténdose as xeadas en zonas do interior. O vento soprará de compoñente norte, moderado na costa e frouxo no interior.